Andrés Delgado reforza a portaría do Teucro
Por Redacción
Quique Domínguez xa ten un segundo porteiro entre os xogadores que continuarán no equipo a próxima tempada. Trátase do gardameta madrileño Andrés Delgado, que se converte na terceira fichaxe do club azul.
Delgado chega a Pontevedra procedente do Balonmano Alcobendas, club no que se formou e no que xogou durante toda a súa carreira, chegando a debutar en Asobal no ano 2010.
"É un porteiro novo que na miña opinión vén de facer unha gran tempada no Alcobendas", explica o seu novo técnico, e que vén ao Teucro "para seguir crecendo como xogador e aproveitar a oportunidade que se lle presenta", sinalou Quique Domínguez.
Andrés Delgado deberá competir cun posto con Ricardo Amérigo e a súa chegada supón pechar a porta á continuidade de Iago Gómez malia boa tempada do galego na cidade de Lérez.
Con esta incorporación son xa doce os xogadores confirmados no plantel azul para a próxima campaña: Andrés Delgado, Ricardo Amérigo, Carlos García, Iván Fernández, David García Pichel, José Manuel Rial, Víctor Rodríguez, David Chapela, Dani Hernández, Edu Moledo, Gonzalo Carró e Erik Balenciaga.
Relacionadas:
-
A SD Teucro perde o seu capitán: Borja Pedreira deixa o club tras aprobar unha oposición
Por Redacción |
-
Carlos Pombo renova dous anos co Teucro e marcha cedido ao Cisne
Por Redacción |
-
O Teucro incorpora o extremo do Barakaldo, Arkaitz Piriz
Por Redacción |
-
Segue o goteo de renovacións no Teucro, David Chapela seguirá un ano máis
Por Redacción |
-
Víctor Rodríguez, o seguinte en renovar co Teucro
Por Redacción |
-
Carlos García comprométese co Teucro por dúas tempadas máis
Por Redacción |
-
O Teucro confirma o regreso de José Manuel Rial
Por Diego Espiño |