Támara Echegoyen accede dende a terceira praza á Medal Race de la Copa del Mundo de Weymouth
Por Redacción
Gran xornada a deste sábado para o equipo composto por Támara Echegoyen e Berta Betanzos na proba da Copa do Mundo de Vela que se está a disputar en Weymouth (Gran Bretaña).
O dúo galego-cántabro non acuso a inactividade pola suspensión da xornada do venres por falta de vento e protagonizou o seu mellor día en augas británicas para recuperar unha praza de podio cando só falta por disputarse a definitiva Medal Race.
Támara e Berta sumaron dous triunfos parciais e un terceiro posto que lles fixo escalar ata a terceira praza provicional do 49er FX.
O obxectivo para a final do domingo pasa por conservar un lugar no caixón de honra, pero non será doado pola proximidade das danesas Ida Marie Baad Nielsen e Marie Thusgaard, cuartas a só un punto.
Máis lonxe están as primeiras clasificadas, as neozelandesas Alexandra Maloney e Molly Meech, e as brasileiras Martine Soffiatti Grael e Kahena Kunze, que son segundas.
Relacionadas:
-
Oitavo posto para Támara Echegoyen no arranque da Semana Internacional de Río de Janeiro
Por Redacción |
-
Bronce final para Támara Echegoyen na Copa do Mundo de Weymouth
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen acaricia o podio tras a primeira xornada da Copa do Mundo de Weymouth
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen volve ao campo de regatas de Londres 2012 para unha nova proba da Copa do Mundo
Por Redacción |