Castellón acollerá a segunda xornada de División de Honra de atletismo para a Gimnástica
Por Redacción
A Real Federación Española de Atletismo deu a coñecer as sedes e composición dos grupos da segunda xornada da División de Honra, na que volverá competir a Gimnástica.
O club pontevedrés, tras o seu terceiro posto na xornada inicial que disputou en Vigo, desprazarase nesta ocasión a Castellón o próximo 23 de maio.
A Gimnástica enfrontarase alí ao anfitrión e actual campión, o Playas de Castellón, ao Unicaja de Xaén e ao Sabadell, nunha xornada que definirá os equipos que loitarán polo título ou a permanencia nas finais do 13 de xuño.
Dende a veterana sociedade espérase con optimismo esta xornada de competición no seu noveno ano na máxima categoría tras sumar en Vigo unha puntuación de 31.637 puntos segundo a táboa da Federación Internacional, a máis alta dende que o seu equipo masculino milita en División de Honra.
Entre as marcas a salientar conseguíronse seis mínimas para o Campionato de España, aínda que o rexistro de Alberto Salcedo nos 200 metros foi invalidado por vento excesivo.
Relacionadas:
-
A Gimnástica, abocada a loitar pola permanencia na última xornada da División de Honra
Por Redacción |
-
A Gimnástica, terceira do seu grupo na primeira xornada de División de Honra
Por Redacción |
-
A Gimnástica afronta con ilusión o arranque en Vigo da súa novena tempada en División de Honra
Por Diego Espiño |