A San Silvestre de Pontevedra roza o seu récord con 2.400 inscritos
Por
ÿ a San Silvestre máis veterana de Galicia e poderá presumir case con total seguridade de ser a de maior participación. Aínda que a inscripción vía web xa se pechou, a Sociedad Gimnástica segue aceptando corredores ante a alta demanda de peticións recibida nas útimas horas, sumando xa preto de 2.400 atletas. Iguálase así a participación de 2011, que xa supoñía un récord.
A 29ª edición da popular proba seguirá coa inscripción ata o mesmo día da carreira, que sairá o día 31 ás 17:00 horas da Avenida Montero Ríos de Pontevedra, polo que a organización espera achegarse aos 3.000 participantes, segundo o presidente da Gimnástica Ramón Touza, que xa pensa en poñer límite para futuras edicións, "tenemos 3.500 dorsales y ese es nuestro tope, no creo que lleguemos pero no es fácil sacar a tanta gente a la calle y controlarla".
Para evitar aglomeracións na saída xa comezou a recolleita de dorsais na sede de Ibercaja, patrocinador da proba. Os días 29, 30 e 31 pola mañá a recolleita traladarase á Casa do Turista, na Praza da Verdura.