Presentada en sociedade a San Silvestre 2012, xa con máis de 1.100 inscritos
Por Diego Espiño
A San Silvestre máis veterana de Galicia encara os últimos días de preparación cunha inscripción que supera xa os 1.100 atletas confirmados.
A proba máis popular do ano, organizada pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra, espera reunir a unha cifra de corredores similar á de 2011, cando percorreron as rúas da cidade preto de 2.500 atletas. Polo momento o número de confirmacións é moi superior á do pasado ano e o maior tirón espérase nos últimos días de inscripción, que se pecha o mércores 26.
Para participar é necesario inscribirse antes desa data na páxina web www.sgpontevedra.com, aínda que o día da carreira, de xeito excepcional, os deportistas de fóra de Pontevedra poderán anotarse e recoller o dorsal na propia saída de 15:30 a 16:30 horas.
Serán 4 quilómetros envoltos de ambiente festivo e amor polo deporte. Por ese motivo para Juan Romeu, responsable da organización, trátase dunha proba especial: "A pesar de estar en División de Honor o de organizar campeonatos gallegos u otros eventos, para mí es la carrera más importante del año porque va más allá del deporte y ésa es la esencia de la Gimnástica".
Recolleita de dorsales
Os organizadores da 29ª edición da San Silvestre habilitarán diversos puntos para recoller dorsais dende o día 27 ata o mesmo día 31, recomendando aos participantes que non esperen ao día da proba para intentar evitar aglomeraciones de última hora.
Os dorsais poderanse recoller de xeito anticipado en Ibercaja os días 27 e 28 de decembro e na Casa do Turista (Casa da Luz) os días 30 e 31 pola mañá.