Os piragüistas pontevedreses inician a tempada internacional de regatas co Europeo de Augas Tranquilas
Por Redacción
Máis da metade do equipo español que participará esta fin de semana no Campionato de Europa Sénior de Piragüismo en Augas Tranquilas será galego.
Un total de 14 padexeiros de Galicia competirán na localidade checa de Racice, cunha importante presenza de padexeiros pontevedreses.
Diego Romero (Breogán do Grove) será o único que competirá en dúas probas, o C-1 5.000 metros por un lado e o C-2 1.000 xunto ao seu compañeiro de equipo Tono Campos.
Tamén estarán presentes o equipo de C-2 200 metros do Piragüismo Poio composto por Adrián Sieiro e Jacobo Lores ou o C-2 500 das pontevedresas Raquel Rodríguez e Jenifer Casal (Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra)
Completan a representación galega na República Checa Teresa Portela, André Oliveira, Óscar Carrera, Rodrigo Germade, Roi Rodríguez, Cristian Toro, Carlos Arévalo e Ana Varela.
Será a primeira competición internacional dunha tempada na que as outras grandes citas serán os Xogo Europeos de Bakú en xuño e o Campionato do Mundo de Milán en agosto, cita clave por repartor a maior parte das prazas dispoñibles para acudir aos Xogos Olímpicos.
Relacionadas:
-
Papel positivo dos piragüistas pontevedreses no Campionato de Europa de Racice
Por Redacción |
-
Iago Monteagudo e Álex Bernárdez certifican o seu pasaporte para o Mundial Júnior de piragüismo
Por Redacción |
-
Gran papel do piragüismo pontevedrés na Copa de España disputada en Trasona (Avilés)
Por Redacción |