O Pontevedra Rugby Club certifica a permanencia cun triunfo contundente en Arteixo
Por Redacción
Defendían 34 puntos de renda do partido de ida, pero non houbo que mirar en ningún momento ao resultado nin contemporizar.
O Pontevedra Rugby Club non deu opción á sorpresa gañando con contundencia no partido de volta do play-off pola permanencia ante o Zalaeta en Arteixo.
Os de Chema Fernández dominaron o partido de principio a fin nun prácido encontro que finalizou cun marcador de 14-54.
Este resultado certifica a permanencia do club pontevedrés na Primeira División Territorial despois dunha irregular tempada.