O Municipal prepárase para un Open de España de taekwondo que "supera todas as previsións"
Por Diego Espiño
Pontevedra empeza a respirar taekwondo. O primeiros participantes do Open de España que se celebra o próximo fin de semana no Pavillón Municipal dos Deportes comezaron a chegar á cidade.
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva será a base de adestramento de todos eles durante estes días de cara a un campionato que "supera todas as previsións", asegura o presidente da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Eiriz.
O Open de España, de categoría G-1, arrancará o venres 10 de abril ás 8:00 horas coa modalidade de técnica (464 deportistas inscritos). Ese mesmo día, en horario de tarde fixouse a competición de freestyle (15:00 horas) e exhibición (17:00 horas).
O sábado 11, a partir das 8:00 horas, será a quenda de Open de combate en idade cadete e júnior, mentres o domingo, tamén dende as 8:00 horas, se disputará a competición máis esperada, a de combate absoluta, na que participarán algúns dos mellores especialistas mundiais en busca de puntos que lles acheguen a Río 2016.
Entre eles estarán, por exemplo, os medallistas olímpicos españois Joel González e Briggitte Yagüe.
En total serán 1.721 os deportistas que tomarán parte no torneo, procedentes de 49 países, enchendo as rúas de Pontevedra "nunha forma de prolongar a Semana Santa dende o punto de vista turístico", declarou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
A entrada para cada unha das xornadas fixouse en 5 euros, de balde para os menores de 14 anos, nun torneo que contará con retransmisión en directo por streaming a través da web www.taekwondogalego.com.
Relacionadas:
-
Lúa Piñeiro e Katya Calvar, bronce en Pontevedra no Open de España G-1
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
28 medallas galegas na modalidade de combate cadete e júnior do Open de España de taekwondo
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Open de España de Taekwondo levanta o pano cunha animada primeira xornada de competición
Por Redacción |
-
Lúa Piñeiro, ante o Open de España en Pontevedra: "Será un importante test cara o Mundial"
Por Redacción |
-
Os medallistas olímpicos Joel González e Brigitte Yagüe, entre os inscritos para o Open de España en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Conceden a Pontevedra o Open de España de Taekwondo 2015, que reunirá a elite mundial
Por Diego Espiño |