Conceden a Pontevedra o Open de España de Taekwondo 2015, que reunirá a elite mundial
Por Diego Espiño
A elite mundial do taekwondo reunirase en Pontevedra o próximo ano con motivo do Open de España na competición de maior nivel organizada na cidade de Lérez ata a data.
A Real Federación Española de Taekwondo concedeu a Pontevedra o Open, que se celebrará no Pavillón Municipal dos Deportes os días 10, 11 e 12 de abril, segundo o previsto inicialmente no borrador do calendario feito público polo ente federativo.
A organización tramita agora coa Word Taekwondo Federation a súa catalogación como competición de nivel G1, a maior a nivel internacional, o que provocaría que os mellores especialistas mundiais acudan a beiras do Lérez na busca da clasificación para os próximos Xogos Olímpicos de Río 2016.
Xa se deron os pasos necesarios para que así sexa e non se espera que xurdan problemas ao respecto.
Desta forma Pontevedra será unha das últimas opcións para sumar os puntos necesarios e evitar acudir ao complicado torneo preolímpico. Por iso, salvo lesión, as principais figuras, como os medallistas en Londres Joel González, Nico García ou Brigitte Yagüe, estarán no Open de España.
Para atopar cifras do impacto que se lle supón a este evento só hai que fixarse na última edición, celebrada en Mariña D'Or con 1.500 deportistas inscritos de 52 países a pesar de non contar co certificado de nivel G1, ao que se lle sumaron preto de 400 adestradores e un bo número de acompañantes.
A competición en Pontevedra centrarase na modalidade de combate para deportistas júniors e sénior, sendo estes últimos os únicos que obterán puntos para o ranking mundial.
As negociacións para albergar o Open na capital da provincia remóntanse á concesión ao Mace Sport del Premio Nacional, a cuxa entrega o club pontevedrés acudiu acompañado do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, coa intención de iniciar conversacións co presidente da Federación.
Relacionadas:
-
Lúa Piñeiro, ante o Open de España en Pontevedra: "Será un importante test cara o Mundial"
Por Redacción |
-
O Municipal prepárase para un Open de España de taekwondo que "supera todas as previsións"
Por Diego Espiño |
-
Os medallistas olímpicos Joel González e Brigitte Yagüe, entre os inscritos para o Open de España en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Nacional de Ximnasia Rítmica, principal novidade do calendario deportivo presentado polo Concello para 2015
Por Diego Espiño |
-
Case 1.600 taekwondistas xuntaranse en Pontevedra para participar no Campionato de España de clubs
Por Alejandro Espiño |
-
Santi Malvar logra o bronce en Turquía no Europeo de parataekwondo
Por Redacción |
-
O Campionato Internacional Cidade de Pontevedra de Taekwondo eleva o nivel na súa XVII edición
Por Diego Espiño |
-
Xian Silva, subcampión de Europa de taekwondo sub 21; Sara Cortegoso gaña o bronce
Por Alejandro Espiño |
-
O taekwondo pontevedrés lócese no Open de España
Por Redacción |