Xián Silva revalida o seu título de campión de España sub-21 de taekwondo
Por Redacción
Tarragona acolleu durante a fin de semana o Campionato de España sub-21 de taekwondo coa participación de 400 deportistas.
Entre eles, na representación pontevedresa, destacou Xián Silva (Mace Sport), que logrou revalidar o seu título de campión nacional na categoría de -80 quilos.
Silva impúxose na semifinal nun apertado combate ao catalán Luis Mas (2-1) para despois levarse o ouro ante o madrileño Víctor García, ao que dobregou por 9-4.
Pablo Fernández (Mat's) logrou ademais a medalla de prata en -87 quilos ao perder soamente na final ante o representante catalán, mentres Sara Cortegoso (Mace Sport) foi bronce en -46 quilos.
CATEGORÍA CADETE
Tamén se dispusó na localidade catalá o Campionato de España en categoría cadete, no que Unai Silva (Mace Sport) se colgou o ouro en -57 quilos.
Ademais Nerea Piedras e Brian Franco (Taekanart) lograron o bronce nos seus respectivos pesos, contribuíndo ao segundo posto por equipos da Selección Galega.