Ángel Vargas bate o récord galego pero queda fóra da final no Nacional xuvenil
Por Redacción
Positiva actuación do pontevedrés Ángel Vargas no Campionato de España Xuvenil de Atletismo en Pista Cuberta.
O atleta da Gimnástica bateu en San Sebastián o récord galego baixo teito na proba dos 400 metros lisos, cun tempo de 50 segundos e 98 centésimas.
Sen embargo Vargas non logrou meterse na final ao ser oitavo nas semifinais.
O deportistas pontevedrés quedouse preto de estar entre os seis finalistas mellorando a súa mellor marca na competición máis importante da súa tempada invernal.