O ABP Sport brilla no Campionato de España de Kick Boxing
Por Redacción
Cinco deportistas do ABP Sport de Pontevedra participaron a pasada fin de semana en Alcorcón no Campionato de España de Kick Boxing na modalidade de 'semi contact' obtendo un resultado positivo.
Destacado foi o papel de Germán Díaz, que con 16 anos se proclamou campión de España tras vencer nos seus tres combates do torneo. Ademais o pontevedrés gaña o dereito a acudir ao Europeo da modalidade.
Menos fortuna tiveron Juan Carlos López e Jenni López, que se levaron a medalla de prata tras caer na final ante os representantes de Catañuña e Extremadura respectivamente.
Tamén participaron na cita Xoán Villanueva e Montse Santiago, logrando o terceiro posto para a selección galega.
Os días 27 e 28 de marzo, tamén en Alcorcón, o ABP Sport participará no Nacional na modalidade de 'light contact'.
Relacionadas:
-
Destacada actuación do ABP pontevedrés no Campionato de España de Kickboxing
Por Redacción |
-
Participar no Campionato de Europa, obxectivo final do ABP Sport
Por Redacción |
-
Bo papel do Kick Boxing Poio no Nacional de 'Semi-Contact'
Por Redacción |
-
Nove integrantes do ABP Sport pontevedrés acudirán aos campionatos de España de kick boxing
Por Redacción |