Nove integrantes do ABP Sport pontevedrés acudirán aos campionatos de España de kick boxing
Por Redacción
A localidade madrileña de Alcorcón acollerá os días 7, 8, 27 e 28 de marzo os campionatos de España de kick boxing nas modalidades de ' semi contact' e 'light contact'.
En ambas as dúas citas estará representado o ABP Sport pontevedrés, que acudirá con nove deportistas de diferentes categoría.
Todos eles son campións galegos nas súas respectivas categorías: Luana Galvao, Jennifer López, Xoán Villanueva, Carmen Lavía, Stefania Rondelli, Germán Díaz, Juan Carlos López, Montserrat Santiago e Jonathan Piñeiro.
Acompañará os competidores en Alcorcón o seu adestrador José Manuel Santiago nunha cita que será puntuable para os europeos de 2016 en Irlanda.
O ABP Sport conta nas súas filas actualmente con 60 deportistas en idade escolar e preto de 40 adultos, ademais dunha trintena máis de federados noutras modalidades como o boxeo ou o muaythai.
Relacionadas:
-
Participar no Campionato de Europa, obxectivo final do ABP Sport
Por Redacción |
-
O ABP Sport brilla no Campionato de España de Kick Boxing
Por Redacción |
-
Recepción municipal aos membros do ABP Sport, flamantes campións infantís de kick-boxing
Por Redacción |
-
Carlos Rodríguez, todo un subcampión de Europa que garante o futuro do boxeo pontevedrés
Por Redacción |