Verducido acolle o primeiro control selectivo da tempada, clave para estar no próximo Mundial e Europeo
Por Redacción
Cita clave para os piragüistas pontevedreses na súa aspiración de estar nos próximos Europeo e Mundial, primeiro, e lograr a clasificación para os Xogos Olímpicos de Río 2016 despois.
Verducido acolle este venres o primeiro dos controis selectivos que servirán para conformar o equipo español nas principais competicións internacionais da tempada.
Na pista olímpica de Pontillón do Castro estarán, por exemplo, David Cal (Piragüismo Aldán) para competir nun C-1 1.000 metros no que tamén están inscritos os canoístas do Piragüismo Poio Sergio Vallejo e Álex Bernárdez. Ademais tanto Vallejo coma Bernárdez participarán no C-2 1.000, ao igual que o seu compañeiro de equipo Adrián Sieiro formando tándem José Luis Bouza (Kayak Tudense).
Nesa mesma proba participarán Tono Campos e Diego Romero (Breogán do Grove).
En kaiak Cristian Silva (Piragüismo Poio) buscará un bo resultado no K-1 1.000 e o K-2 500 nunhas distancias que contarán con gran nivel competitivo.
A representación galega complétana en kaiak Roi Rodríguez, Diego Piña, ÿscar Carrera, Rubén Millán, Gabriel Campo, Valeria Romero, Ana Varela, Carla Pérez e Andrea Porteiro polo Kayak Tudense; Raquel Dacosta, Camila Morison e Rebeca Laurijssen representando o Pontecesures; Teresa Portela e Carlos Pérez polo Ría de Aldán; Rodrigo Germade polo Piragüismo Aldán; e Tania Fernández polo Fluvial de Lugo.
Pola súa banda en canoa comparecerán Brais Casas e André Oliveira polo Firrete; David Costa polo Kayak Tudense; Roi Carballeda por As Torres; e José Manuel Sánchez polo Ría de Betanzos.
O selectivo iniciarase ás 10:00 horas prolongándose ata as 19:00 horas da tarde, dando comezo á tempada oficial no piragüismo español.
Relacionadas:
-
Verducido inaugura a tempada oficial de piragüismo co Campionato Galego de Inverno
Por Redacción |
-
Campos, Romero e Vallejo logran praza para regatas internacionais no selectivo de Verducido
Por Redacción |
-
As regatas de piragüismo en Verducido suspendidas por mal tempo celebraranse os días 21 e 22
Por Redacción |