As regatas de piragüismo en Verducido suspendidas por mal tempo celebraranse os días 21 e 22
Por Redacción
A Federación Galega de Piragüismo programou para os días 21 e 22 de febreiro en Verducido as regatas suspendidas hai uns días a causa do mal tempo.
Trátase de probas de carácter amigable que serven de preámbulo ao inicio do calendario oficial de regatas.
Máis de 700 padexeiros daranse cita no encoro de Pontillón do Castro nas categoría infantil, cadete, júnior, sénior e veteranos de kaiak e canoa.
O sábado 21 será a quenda para os piragüistas cadete, júnior, sénior e veteranos de ambas as dúas disciplinas, miestras o domingo participarán os infantís A e B, iniciándose a xornada en ambos os dous casos ás 10:00 horas.
A distancia a percorrer será de 5.000 metros, salvo a categoría infantil de canoa, na que se reduce a 3.500 metros.
Relacionadas:
-
Campos, Romero e Vallejo logran praza para regatas internacionais no selectivo de Verducido
Por Redacción |
-
Verducido acolle o primeiro control selectivo da tempada, clave para estar no próximo Mundial e Europeo
Por Redacción |
-
Suspenden as dúas regatas de piragüismo previstas esta fin de semana en Verducido
Por Redacción | Creada e actualizada