Jean Marie Okutu afronta unha nova tempada cun só obxectivo en mente: "Quiero ir al Mundial como sea"
Por Diego Espiño
A Copa do Rei inicia a próxima fin de semana en San Sebastián as grandes competicións atléticas de 2015, e alí estará a defender Jean Marie Okutu ao Fútbol Club Barcelona no inicio dunha tempada que reserva grandes retos para o marinense.
Okutu traballa cun obxectivo claro, participar no Campionato do Mundo de Atletismo en Beijing (China), pero para iso deberá bater o seu mellor rexistro en salto de lonxitude e chegar ás 8,10 metros, nove centímetros mellor que o 8,01 logrado no último Campionato Galego Absoluto.
Okutu: "Me gustaría competir en Pekín para meterme en la élite mundial, estar con los buenos saltando y asentarme de cara a los Juegos"
"Quiero ir al Mundial como sea. Es en Pekin, donde fue la olimpiada, en un estadio bonito en el que me gustaría competir para meterme en la élite mundial, estar con los buenos saltando y asentarme de cara a los Juegos, que es el objetivo final", declara o marinense antes de adestrarse no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
ÿ un reto ambicioso que conta con algunhas paradas intermedias, como o Campionato de España en Pista Cuberta, no que defende título, ou o Absoluto ao Aire Libre, no que espera plantar batalla a Eusebio Cáceres. Ambos os dous repártense títulos cunha rivalidade sa "que nos ayuda a mejorar", sinala Okutu.
Ademais a outra gran cita da tempada será o Campionato de Europa en Pista Cuberta de Praga (República Checa). A mínima para esta competición é máis alcanzable, 7,87 metros, aínda que Jean Marie bota en falta algunha proba máis no calendario porque "no te da tiempo a meterte en buen estado de forma tan rápido".Sen embargo "la marca no es tan exigente", asegura, polo que espera poder clasificarse.
Trátase, explica, de seguir unha progesión que o situou aos seus 26 anos na elite do atletismo nacional.