Lúa Piñeiro, Javier González e Sara Cortegoso, medallistas no Open de Grecia de taekwondo
Por Redacción
Positivo fin de semana para os taekwondistas pontevedreses presentes no Open de Grecia e o I Open Internacional de Aragón.
En Grecia, proba de categoría G-1 puntuable para o ranking mundial, destacou a medalla de prata da caldense Lúa Piñeiro (Natural Sport) en -67 quilos despois de protagonizar un gran torneo e caer na final ante a representante de Serbia no punto de ouro.
Tamén foi prata, en categoría júnior, Javier González (Mace Sport) en -63 quilos, cedendo ao igual que Lúa no punto de ouro tras un apertado combate final.
Pola súa banda Sara Cortegoso (Mace Sport), logrou o bronce en -46 quilos, mesmo peso no que Katya Calvar (Mat's) se despediu en primeira rolda tras emparellala o sorteo coa subcampiona do Mundo, ante a que perdeu por un axustado 4-3.
Tamén competiu en Grecia Xián SIlva (Mace Sport), despedíndose no seu segundo combate en -80 quilos, ao igual que o pontevedrés Borja Ríos (Hebe) en -58 quilos.
En canto á cita de Aragón, colgáronse o ouro Pablo Fernández (Mat's de Marín) en 80 quilos e os cadetes Unai Silva (Mace Sport), Iván Rodríguez (Taekanart) e Arlet Ortiz (Mat's).
Ademais Iván García (Mat's) foi prata en -80 quilos absoluto, Rubén Trotiño (Mat's) bronce en -73 quilos júniors e Xián Rodríguez (Taekanart) tamén bronce en -41 quilos idade cadete.
Relacionadas:
-
Os taekwondistas pontevedreses afrontan en Cartaxena o Campionato de España Sénior de combate
Por Redacción |
-
Mace Sport, Taekanart e Mat's, protagonistas nos campionatos galegos cadete e sub-21 de taekwondo
Por Redacción |
-
O Open de Grecia, parada dos taekwondistas pontevedreses
Por Redacción |
-
O Nacional de taekwondo despídese de Pontevedra con medallas de ouro para Mace Sport e Katia Calvar
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |