Apertado triunfo para os equipos do Tenis de Mesa Monte Porreiro, que se manteñen na zona nobre
Por Redacción
Cando se aproxima o ecuador da competición na División de Honra masculina e feminina, os equipos do Tenis de Mesa Monte Porreiro consolídanse na zona nobre das súas respectivas ligas.
Fano tras gañar con sufrimento os seus enfrontamentos a pasada fin de semana.
Na casa xogou o conxunto feminino, que se impuxo Cidade de Narón por un apertado 4-3 despois de remontar un 3-1 en contra.
Ana Pérez, Elísabet Cadilla e Victoria Cadilla botaron o resto para igualar primeiro e sentenciar no dobre, composto polas irmás Cadilla, situando o seu equipo na terceira posición da táboa, posto de play-off de ascenso, cun partido menos que os seus principais rivais.
Tamén gañaron os rapaces na súa viaxe a Mallorca, no que dobregaron con moito esforzo ao Son Cladera (3-4) no debut na categoría do canterano Crístofer Santiago.
Os pontevedreses chegaron a poñerse 1-3 a favor, pero remataron pechando o encontro no partido de dobres, onde á parella formada por Nacho Fernández e Daniel Conic rara vez lles escapan os puntos.
Con este triunfo o Monte Porreiro masculino colócanse quintos na táboa con 12 puntos, a dous da zona de promoción de ascenso e cunha vantaxe de seis sobre o descenso.