O Concello de Pontevedra solicita á Deputación tres novos campos de herba sintética
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra espera que a Deputación constrúa no municipio tres novos campos de herba sintética.
A petición xurdiu durante o pleno da corporación provincial celebrado este martes. Os deputados debatían sobre a regulación da ordenanza reguladora da taxa polos servizos que se prestan no Centro Príncipe Felipe e o presidente provincial, Rafael Louzán, insistía na carencia de infraestruturas deportivas que sofre o municipio capitalino, cando o voceiro do BNG, César Mosquera, formulou esta solicitude "en nome do alcalde de Pontevedra".
A proposta non colleu a Louzán por sorpresa xa que, segundo recoñeceu, este mesmo luns, Miguel Anxo Fernández Lores xa lla formulou en persoa.
A idea sería reformar algún dos campos de terra existentes para acoller unha instalación de céspede artificial de última xeración.
Polo momento non se informou de cales serán os campos que aspiran a esta mellora.
Relacionadas:
-
Príncipe Felipe estrea campo de herba sintética e novos vestiarios para os seus usuarios
Por Alejandro Espiño |
-
Cerponzóns pide que se cumpra co compromiso de dotar de céspede artificial o campo de Chan do Monte
Por Diego Espiño |
-
Estudan aliviar o 'overbooking' nos pavillóns municipais usando os do Sánchez Cantón e Politécnico
Por Diego Espiño |
-
As obras nos campos de fútbol de Santo Tomé e Carballedo entran na súa recta final
Por Redacción |
-
Barro poderá estrear campo de fútbol de herba artificial en novembro
Por Redacción |