Outros dous goles de Changui deciden (2-1) o derbi entre Ribadumia e Arosa
Por Redacción
Foi regresar Changui da súa lesión e volver o Ribadumia á senda do triunfo. Cinco vitorias consecutivas para os de Gabi Leis que lles fan pasar de coquetear cos postos de descenso a situarse quintos, ás portas dos de play-off e converterse, xunto con Xuventú Sanxenxo e Ribadeo nas grandes sorpresas da categoría.
Dous goles do máximo artilleiro da terceira galega deron os tres puntos aos da Senra no derbi fronte ao Arosa, nun partido no que ambos os dous equipos mostraron os seus estilos ben definidos, intentando elaborar xogada o Ribadumia, e con fútbol máis directo os de Piscis.
Pero non só foi Changui a clave do partido, senón tamén a sensacional actuación do meta local Javi Sánchez, que evitou o empate arlequinado nos últimos compases do partido, despois de anular varios intentos visitantes durante os 90 minutos.
Despois dun primeiro aviso de Changui que marchou desviado, o Arosa tivo unha dobre ocasión aos 20 minutos. Eloy e Nando encontráronse con Javi Sánchez.
Con chegadas para ambos os dous conxuntos e perigo nas áreas, Changui abría o marcador instantes antes de que finalizase o primeiro tempo, ao rematar un centro de ÿscar Río, nunha xogada que iniciara el mesmo.
Ao regreso de vestiarios o Ribadumia ampliaba a conta grazas a un penalti cometido por Alfonso sobre Sylla, que se encargaría de transformar Changui.
Non obstante o Arosa reaccionou pronto recortando distancias nun remate de cabeza de Rivas a centro de Eloy. A partir de aí o Arosa pasou a dominar o partido e a xerar ocasións, en remates de Esteban Capelo, Quique Cubas e Adrián Camiño, que encontraron a resposta dun inmenso Javi Sánchez, que evitou un empate que sería máis xusto.
CD RIBADUMIA (2): Javi Sánchez; Nelo (Martín, min. 83), Aram, Miguel, ÿscar Río; Sidibé; Sylla, ÿscar Guimeráns (Pacheco, min. 64), Álex Gómez, David Pérez (Adrián Padrón, min. 73); e Changui.
AROSA SC (1): Jorge Pérez; Juanjo, Juan Rodríguez (Yago Pérez, min. 55), Martín, Alfonso; Rivas, Pablito (Vixo, min. 73); Nando, Adrián Camiño, Eloy (Esteban Capelo, min. 57); e Quique Cubas.
Arbitro: David Iglesias Melón (Vigo), auxiliado nas bandas por Cristian Vázquez Martínez e Jorge Juan Fojo Rodríguez. Amoestou aos locais Miguel, ÿscar Río e ÿscar Guimeráns e aos visitantes Pablito, Alfonso e Quique Cubas.
Goles: (1-0) Minuto 44: Changui. (2-0) Minuto 50: Changui. (2-1) Minuto 53: Rivas.
Incidencias: Campo Municipal da Senra (Ribadumia). Uns 600 espectadores. Antes de empezar o partido ambos os dous equipos renderon homenaxe ao novo presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán Abal, que fixo o saque de honra, recibindo dos capitáns as camisetas dos dous clubs asinadas polos xogadores, mentres os presidentes lle entregaban unha bandeirola do Ribadumia e unha bufanda do Arosa.
Relacionadas:
-
Esvarón do Arosa que se afasta da cabeza ao caer (0-1) fronte ao Rácing Villalbés
Por Redacción |
-
Changui lidera a remontada do Ribadumia (3-3) ante un Rápido de Bouzas no que Tomás fixo os tres goles
Por Redacción |
-
Sexta vitoria consecutiva dun Ribadumia en alza que se impón (0-1) ao Choco
Por Redacción |
-
A temperá expulsión de Velay achanda o camiño ao Arosa (2-0) ante o Xuventú Sanxenxo
Por Redacción |
-
O Deportivo B presenta a súa candidatura superando ao Arosa (1-2) na Lomba
Por Redacción |
-
Changui sentenza ao Barbadás (0-2) provocando a dimisión do técnico ourensano Jorge Regal
Por Redacción |