Remontada do Villalonga ante o Alertanavia (2-1) no debut de Antonio no banco
Por Redacción
O Villalonga fixo bo o dito de 'a adestrador novo vitoria segura' no debut de Antonio no banco de San Pedro.
Os celestes tiveron que empregarse a fondo ante o Alertanavia (2-1) nun encontro no que tiveron que sobrepoñerse ao gol inicial de Pablo para os visitantes aos 15 minutos, tras transformar unha falta directa.
Os locais adiantaron liñas en busca da igualada, pero non foi ata ben entrada a segunda metade cando Paco empató cun disparo afastado.
Saúl completou a remontada no 70 para deixar ao Villalonga na undécima praza da clasificación con 24 puntos, a 4 do cuarto clasificado e 7 do ascenso directo.