Dous goles de Unai tomban o Marcón na Estrada (2-0)
Por Redacción
O Estradense rematou coa resistencia do Marcón Atlético pola vía rápida (2-0).
Aos tres minutos, na súa primeira ocasión, Unai poñía en vantaxe aos locais, aínda que o golpe non achicou os pontevedreses, que pouco despois gozaron dunha boa ocasión para empatar encontrándose cun acertado Diego na portaría.
O que chegou antes do descanso foi o segundo tanto de Unai, que poñía o encontro costa arriba para ao Marcón.
Malia todo os de Carlés saíron na segunda metade dispostos a remontar, pero a súa falta de acerto impediu que chegasen con opcións aos minutos finais.
Esta derrota fai que os pontevedreses caian á décimo quinta praza da clasificación.
CD ESTRADENSE (2): Diego, Maneiro, David (Luismi, min.82), Martín, Mateo, Víctor, Manuti (Aguado, min.85), Unai, Silva, Arturo (Adrián, min.79), Jorge (Moure, min.69).
MARCÿN ATLÿTICO (0): Joaquín, Álvaro, Racha (Bolo, min.45), Arturo, Iván, Daniel (Diego Blanco, min.34) (Tenorio, min.57), Gelillo, Rodri (Sapi, min.57), Héctor, Martín, Baptiste.
Árbitro: Barros Vidal. Amoestou a David, Arturo e Moure nos locais e a Arturo, Iván e Baptiste no Marcón.
Goles: 1-0 Unai (min.3), 2-0 Unai (min.39).
Incidencias: Partido disputado no Campo Municipal da Estrada.