Paso adiante do Pontevedra Fútbol Gaélico na Liga Galega
Por Redacción
Na súa segunda tempada de vida o Pontevedra Fútbol Gaélico deu un paso adiante e pelexa polo momento nos nobres da Liga Galega.
O equipo masculino, despois de catro xornadas, é cuarto empatado cos primeiros clasificados tras sumar dous triunfos e unha derrota en tres partidos (descansou unha xornada).
A última vitoria tivo lugar o pasado fin de semana en Oleiros ante o Ártabros FG, ao que derrotou por un tenteo de 4-2 (14) a 2-11 (17).
O conxunto lerezano saíu disposto a lograr o seu segundo triunfo consecutivo, pero tivo que empregarse a fondo nun igualado encontro no que tiveron que remontar.
Chegaron con deseventaja ao descanso, pero na segunda metade lograron poñerse por diante e aguantar o resultado para levarse os puntos en xogo.
DERROTA DO EQUIPO FEMININO
Non tiveron a mesma fortuna as rapazas do Pontevedra Fútbol Gaélico, nos seus primeiros partidos oficiais. Xa lograron estrear a súa cuadrícula de puntos pero nesta ocasión cederon na Estrada ante o Auriense FG ourensano.
O choque foi tremendamente disputado e tras chegar con táboas ao descanso, rematou por decidirse por pequenos detalles cun resultado de 1-9 (12) a 3-1 (10).