Yago Pita, Ángel López e Adrián Santos, do Mace Sport, logran o bronce no Mundial de Técnica
Por Redacción
Gran resultado para o trío cadete do Mace Sport formado por Adrián Santos, Yago Pita e Ángel Lóez no Campionato do Mundo de Técnica celebrado na localidade mexicana de Aguascalientes.
Alí os taekwondistas pontevedreses colgáronse a medalla de bronce na súa categoría logrando a única medalla galega.
Adrián, Yago e Ángel, actuais campións do Open de España, protagonizaron unha gran competición e caeron só ante Estados Unidos no seu camiño cara á final.
Menos fortuna tiveron Nazaret Licer e Marcos Silva, que completaban a representación do Mace Sport pontevedrés en México, na categoría de parellas Freestyle de -18 anos.
Relacionadas:
-
Bo papel de Mace Sport, Taekanart e Mat's no Campionato Galego Júnior de Taekwondo
Por Redacción |
-
O Mace Sport proclámase campión galego de Exhibición e pensa xa no Nacional
Por Redacción |
-
Bo papel do taekwondo local no XVII Campionato Internacional Cidade de Pontevedra
Por Diego Torrado |
-
Xian Silva, subcampión de Europa de taekwondo sub 21; Sara Cortegoso gaña o bronce
Por Alejandro Espiño |