O fútbol feminino pontevedrés traslada as súas demandas ao presidente da Deputación
Por Redacción
Representantes dunha vintena de equipos de fútbol feminino da provincia de Pontevedra mantiveron este luns unha xuntanza co presidente da Deputación, Rafael Louzán. Foi no edificio administrativo da institución provincial.
O obxectivo do encontro era escoitar os problemas, as necesidades, as demandas e as inquedanzas destes clubs nun momento no que a Deputación está a elaborar os seus presupostos para o vindeiro ano. Para este trámite, véñense mantendo periódicas xuntanzas con todo tipo de clubs deportivos e entidades sociais.
Entre os equipos que acudiron a esta cita estaban Salcedo (Pontevedra), Dena (Meaño), Portonovo (Sanxenxo), Beluso (Bueu), Noalla (Sanxenxo), Moledo (Vigo), Umia (Ribadumia), Amanecer (O Grove), Atlético Arousana (Vilagarcía), Val do Ulla (A Estrada), Bértola (Vilaboa), Onza de Lira (Salvaterra), Unión Guardesa (A Garda), San Mateo (Ponteareas), El Olivo (Vigo) e Club Tomiño.
Varios deles militaron na máxima categoría nas últimas tempadas. Hai algúns que non demandan axudas directamente da Deputación, pois recíbenas dentro das que a entidade provincial concede a clubs que os engloban.
Segundo explicou Rafael Louzán, a celebración da xuntanza responde á vontade da Deputación de apoiar e promocionar o deporte feminino en xeral e o fútbol en particular.
Relacionadas:
-
Rafael Louzán confirma a súa candidatura á presidencia da Federación Galega de Fútbol
Por Alejandro Espiño |
-
A Copa Deputación, tamén para o fútbol feminino e a base
Por Redacción |
-
Reunión dos clubs da cidade coa Deputación para regular o uso de Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
Louzán sopesa presentarse á presidencia da Federación Galega de Fútbol
Por Redacción |