Honras de campión para Javier Gómez Noya
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
ÿ un dos mellores deportistas galegos da historia e como tal tratouno este mércores a cidade na que vive e adestra sempre que o seu esixente calendario o permite.
O catro veces campión do Mundo de triatlón, Javier Gómez Noya, recibiu unha sentida homenaxe da súa cidade de adopción, Pontevedra, nun acto celebrado no Pazo de Mugartegui.
Alí estaban familiares, amigos, compañeiros de adestramento, deportistas do Centro Galego de Tecnificación e tamén representantes dos diferentes grupos da coorporación municipal dun Concello de Pontevedra que patrocinará a Gómez Noya durante os dous próximos anos, no seu camiño cara aos Xogos Olímpicos de Río 2016.
O ferrolano mostrouse agradecido co cariño recibido nos últimos días tras revalidar o título das Series Mundiais e colgarse o ouro no Mundial de Medio Ironman: "é de agradecer que valoren o meu traballo, o feito de que viva en Pontevedra e teña a miña casa en Pontevedra. O tríatlon está a crecer moito na cidade, o Concello o ve e creo que son parte tamén nese crecemento".
Javier Gómez Noya: "O tríatlon está a crecer moito na cidade, o Concello o ve e creo que son parte tamén nese crecemento"
Gómez Noya, que felicitou a Pablo Dapena polo seu recente subcampionato de España e se acordou doutros triatletas locais como Carmen Gómez, "que conseguiu grandes resultados este ano" sinalou, afronta agora o tramo final da tempada con dous únicos compromisos: "a final do Grand Prix de Niza dentro de dúas semanas e despois rematarei a tempada no Triatlón de Barcelona", declarou o campión do Mundo.
Pola súa banda o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recoñeceu que "o idilio de Pontevedra co tríatlon non sería posible senón fora porque Javi vive e adestra aquí", unha reflexión similiar á achegada polo concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, cualificando a Gómez Noya como "un referente que fai que Pontevedra estea situado no mapa mundial do tríatlon".
Relacionadas:
-
Gómez Noya, distinguido nos Premios Nacionais do Deporte
Por Redacción |
-
Javi Gómez Noya: "Calquera triatleta sabe de Pontevedra. Somos un referente neste deporte"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Concello de Pontevedra patrocinará a Javier Gómez Noya durante os dous próximos anos
Por Alejandro Espiño |
-
Suma e segue para Gómez Noya, campión do Mundo de medio Ironman
Por Redacción |
-
Cuarto título mundial para Javier Gómez Noya tras finalizar terceiro en Edmonton
Por Redacción |