Kike García, adestrador do Waterpolo Galaico, incluído no Plan Nacional de Tecnificación Deportiva
Por Redacción
De traballar coas categorías inferiores do Club Waterpolo Galaico Pontevedra ao Centro de Alto Rendemento de San Cugat, en Barcelona.
ÿ o que lle aconteceu ao técnico do equipo pontevedrés Kike García, tamén secretario técnico da Federación Galega, convidado a participar nunha concentración do Plan Nacional de Tecnificación Deportiva organizado pola Real Federación Española de Natación.
Durante nove días e oito horas diarias Kike García, xunto con outros adestradores representantes de diferentes federacións territoriais, traballou cun grupo de waterpolistas en idade cadete no que supón o primeiro contacto destes deportistas coa competición internacional.
CAPTACIÿN DE DEPORTISTAS
O Waterpolo Galaico trasladou un convite a todos aqueles nenos e nenas, dende os 6 anos de idade, que queiran probar este deporte. Poderán facelo de balde durante o mes de setembro, co único requisito de saber nadar.