Dous partidos en Portugal, próxima cita de pretempada para as xogadoras do Arxil
Por Redacción
O Arxil desprázase esta fin de semana a Portugal para avanzar na súa preparación de pretempada. Enfrontarase o sábado ás 19.00 horas ao equipo da localidade lusa de Vagos, mentres que o domingo ás 12.00 horas o rival das xogadoras pontevedresas será o Olivais de Coimbra.
Para este dobre enfrontamento Maite Méndez non conta coa pivote Ana Román que se incorpora o próximo luns aos adestramentos e ten a dúbida de Maimouna Diarra, que segue á espera do visado, un documento que o club espera que chegue nos próximos días.
Sandra Entenza é baixa por motivos laborables, polo que se desprazarán a este torneo Carla Fernández, Jara Tuda, María Lago, María Centeno, Cristina Díaz-Pache, Fany López, Fallon Lewis, María Quiroga e Aldara. Completará o equipo algunha compoñente do Arxil Mafari Café.
Segundo explica o director deportivo do club, Lino Vázquez, este torneo "nos viene muy pronto ya que llevamos tan solo tres sesiones de balón y aunque estamos cargando en el aspecto físico vamos muy verdes en los aspectos tácticos y de intensidad en pista".
En todo caso o club tómao como parte da rodaxe para que as súas xogadoras vaian acumulando minutos e adaptándose ao sistema de xogo.
Relacionadas:
-
Ana Román incorpórase a un Arxil que regresa de Portugal cun triunfo e unha derrota
Por Redacción |
-
Maimouna Diarra xa está en Pontevedra para incorporarse ás filas do Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil pecha o seu plantel coa fichaxe da americana Fallon Lewis
Por Redacción |
-
Cortegada e Universitario Ferrol, rivais do Arxil na Copa Galicia
Por Redacción |