Suma e segue para Gómez Noya, campión do Mundo de medio Ironman
Por Redacción
Segundo título mundial para Javier Gómez Noya en apenas sete días. Se a pasada semana o triatleta galego se proclamaba campión das Series Mundiais en Edomonton, agora foi a quenda da media distancia co Campionato do Mundo Ironman 70.3.
Gómez Noya impúxose con claridade na localidade canadense de Mont Tremblant nunha proba de medio Ironman que contaba cun percorrido de 1.900 metros de natación, 90 quilómetros de ciclismo e 21,1 finais de carreira a pé.
O ferrolano afincado en Pontevedra saíu da auga en primeira posición xunto ao alemán Jan Frodeno. Ambos os dous, coa compañía doutros tres competidores, formaron o grupo cabeceiro na bicicleta, na que non se podía rodar a roda, ao contrario que nas probas das Series Mundiais.
Neste segundo sector Gómez Noya caeu ata a novena posición, con preto de 30 segundos de demora co liderado na última transición, pero esa renda empezou a descender no inicio da carreira a pé ata alcanzar o liderado.
Faltaban case 15 quilómetros, distancia na que o galego primeiro logrou unha substanciosa renda e depués se limitou a conservala para alzarse co título cun tempo de 3 horas, 41 minutos e 30 segundos.
Jan Frodeno finalizou segundo (3:42.11) e o británico Tim Don terceiro (3:44.38).
Relacionadas:
-
Un medio Ironman, próximo paso na aposta de Pontevedra polo tríatlon
Por Alejandro Espiño |
-
Honras de campión para Javier Gómez Noya
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Concello de Pontevedra patrocinará a Javier Gómez Noya durante os dous próximos anos
Por Alejandro Espiño |
-
Cuarto título mundial para Javier Gómez Noya tras finalizar terceiro en Edmonton
Por Redacción |
-
Gómez Noya retírase en Estocolmo pero mantense líder a falta da Gran Final
Por Redacción |
-
Rajoy e Gómez Noya, de ruta xuntos por Ribadumia para animar a practicar deporte
Por Redacción |