Adrián Pumar preséntase oficialmente nun Teucro que recupera efectivos
Por Diego Espiño
Leva adestrando unha semana co equipo, co que mesmo debutou na fase final da Copa Galicia, pero ata este xoves non foi presentado oficialmente como xogador da Sociedad Deportiva Teucro.
Adrián Pumar chega ao club azul tras a marcha de Álex Pombo e a grave lesión de César Armán "para completar una segunda línea que se nos había quedado coja", recoñeceu o seu novo técnico, Quique Domínguez.
O extremo declarou estar contento co cambio tras formarse como xogador en Cangas e tamén porque "ya soy uno más en el grupo", declarou ante a boa acollida que asegura ter recibido no vestiario azul.
O obxectivo do equipo pasa pola permanencia, pero Pumar apunta, dende a humildade, que ve "equipo para estar peleando arriba y ver si nos metemos en el play-off".
CHAPELA RECIBE A ALTA MÿDICA
A pretempada continúa e despois de varias lesións Quique Domínguez empeza á fin a ter boas noticias, como a alta médica que recibiu este mércores David Chapela, operado do seu ombro no tramo final da pasada tempada.
O central terá minutos nos últimos compromisos de pretempada pensando xa no primeiro partido de liga ante o Bidasoa.
Pola súa banda Carlos Pombo recupérase segundo o previsto da escordadura que se produciu no seu nocello e Carlos García, a pesar das molestias que arrastra no seu xeonllo, encóntrase en condicións de traballar co grupo.
Relacionadas:
-
A metade dos socios do Teucro xa retiraron o seu carné
Por Redacción |
-
Carlos García, con molestias aínda no xeonllo, confía en iniciar a tempada co Teucro en plena forma
Por Redacción |
-
Amenabar Zarautz, primeiro escollo para o Teucro na Copa do Rei de balonmán
Por Redacción |
-
O Teucro proclámase campión da Copa Galicia tras vencer o Cangas nos penaltis
Por Redacción |
-
Adrián Pumar reforza o Teucro tras a lesión de César Armán
Por Redacción |