1.600 afeccionados do Pontevedra retiraron xa o seu carné de socio para a presente tempada
Por Redacción
A campaña de socios do Pontevedra Club de Fútbol avanza a bo ritmo, segundo asegura a entidade granate nun comunicado.
Segundo o club lerezano ata o momento foron preto de 1.600 os afeccionados que retiraron o seu carné para a presente tempada, unha cifra que se espera aumente nas próximas semanas, especialmente os días previos aos encontros que o Pontevedra xogue como local no Estadio Municipal de Pasarón.
O máis destacado dos números que publica o club son as 257 novas altas rexistradas.
O prezo dos aboamentos para o público xeral sitúase nos 65 euros nos fondos, 115 euros en Preferencia e 175 euros en Tribuna, con bonificación para estudantes, xubilados, peñas e categorías xuvenil, infantil e baby.