David Pérez, reforzo para o Ribadumia tras a lesión de Fran Matos
Por Redacción
O Ribadumia estaba a sondar o mercado en busca dalgún reforzo ante a escaseza de efectivos no seu equipo, pero a grave lesión de Fran Matos, que se perde a tempada, acelerou as xestións.
Este traballo desembocou na fichaxe de David Pérez, que reforzará a banda esquerda dos de Gabi Leis ata final de tempada.
O centrocampista estaba sen equipo tras desvincularse do Pontevedra ao termo da fase de ascenso do pasado mes de xuño.
Con todo, a pesar do veterano reforzo, o Ribadumia non pecha aínda a porta a algunha incorporación máis que dé por pechado un plantel que se colocou tras dúas xornadas como líder da Terceira División.