O calendario de carreiras en formato 'milla' arranca con dous triunfos para a Gimnástica
Por Redacción
Silgar acolleu o pasado domingo unha concorrida edición da Milla Urbana de Sanxenxo, e van 15, no que destacou o papel dos atletas de Sociedad Gimnástica.
Víctor Riobó impúxose en Sanxenxo en categoría masculina, mentres Samantha Mulloni (Ría de Ferrol) se levou o triunfo en rapazas.
Na proba de Silgar Jorge Puig gañou en idade júnior, Fernando Rial en cadete e os irmáns Santos destacaron en benxamíns e alevíns.
A segunda vitoria para atletas da Gimnástica foi para Matilde Acuña en Cangas na primeira edición da Milla Urbana Festas do Cristo.
Por outra parte Robertas Geralavicius e Francisco Sánchez subíronse ao podio na Pobra do Caramiñal nunha proba de algo menos de 8 quilómetros na que finalizaron segundo e terceiro respectivamente.
Relacionadas:
-
A Gimnástica pecha 2014 co seu mellor resultado histórico, decimo sétimo do ranking de clubs
Por Redacción |
-
Medalla de prata para Víctor Riobó no Nacional de milla en ruta
Por Redacción |
-
Arranca a pretempada para os atletas da Gimnástica
Por Redacción |
-
A Milla Urbana de Sanxenxo chega á súa décimo quinta edición
Por Redacción |