Arranca a pretempada para os atletas da Gimnástica
Por Redacción
Despois do parón estival os atletas da Sociedad Gimnástica calzaron de novo as zapatillas deportivas para iniciar a pretermporada.
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva serviu de escenario para o encontro entre deportistas e adestradores do club, que pensan xa en lograr unha boa preparación para o primeiro obxectivo do curso, a tempada de pista cuberta que arrancará no mes de decembro.
Entre os atletas presentes, varias caras novas procedentes da Escola Municipal de Atletismo que se incorporan ás categorías superiores, unha Escola Municipal que ten previsto o seu inicio no mes de outubro.
Aínda que a primeira parada da tempada será a pista cuberta, o principal reto volverá situarse no próximo verán, especialmente nun equipo masculino que buscará a permanencia, un ano máis, en División de Honra.