Jean Marie Okutu, seleccionado para representar a España no Campionato de Europa de Zurich
Por Redacción
A localidade suíza de Zürich acollerá entre os días 12 e 17 de agosto o Campionato de Europa de Atletismo ao aire libre, e alí estará o marinense Jean Marie Okutu.
O atleta do Fútbol Club Barcelona foi incluído no equipo español presentado este martes na sede do Consello Superior de Deportes.
Okutu logrou a marca mínima para participar no Europeo o pasado mes de xuño tras superar a barreira dos 8 metros (8.01) no Campionato Galego Absoluto celebrado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
O marinense afrontará un difícil concurso de salto de lonxitude coa ilusión de lograr un bo resultado pero consciente do poderío dalgúns rivais, como o británico Greg Rutheford (8.51 metros esta tempada), o alemán Christian Reif (8.49) ou o francés Salim Sdiri (8.35).
A cualificación de lonxitude disputarase o venres 15 de agosto e en caso de clasificarse a final quedará para o domingo 17.
A Selección Española está composta nesta ocasión por 74 atletas, entre os que se encontra o lanzador de disco Frank Casañas, que adestra habitualmente en Pontevedra ás ordes do lerezano Santi Ferrer.