O Arxil despídese do Nacional Infantil tras caer ante o Tuenti Móvil Estudiantes
Por Redacción
O equipo infantil do Club Baloncesto Arxil non puido clasificarse para os emparellamentos finais do Campionato de España que se celebra estes días en Pontevedra.
O conxunto verde, tras gañar na primeira xornada ao La Salle Melilla e perder na segunda ante o Restaurante Barros, xogábao todo ao partido ante o Tuenti Móvil Estudiantes madrileño, ante o que rematou perdendo por 43 a 21.
As anfitrionas despídense así despois de dar a cara nun torneo que chega ás roldas definitivas cos seguintes emparellamentos: La Salle Palma - Hidropolivital Almeda, Stadium Casablanca - UVA Ponce, Picken Claret - Andalucía Promesas, CB Plasencia - Snatt's Femení Sant Adriá, Terrasa - Celta Selmark, Canterbury Idecnet - Ros Casares Valencia, Gran Canaria - Tuenti Movil Estudiantes, Restaurante Barros - Aranguren.
Ao mesmo ritmo avanza a competición masculina, que ata o sábado terá como sede Cambados.
Neste caso o cadro final compóñeno: Real Madrid - CB Capuchinos, Gran Canaria - Grupo DAI, CAI Zaragoza - Adesa 80, Luther King 2000 - Tuenti Móvil Estudiantes, Joventut Badalona - Valencia Basket, LHospitalet - Unicaja, Santo Domingo Tenerife - Meridiano Lucentum e FC Barcelona - CB Alcobendas.