Sétimo posto para Natalia Fernández no Nacional Júnior de esgrima
Por Redacción
A tiradora da Escola Hungaresa de Pontevedra, Natalia Fernández, segue obtendo resultados positivos en competicións de idade superior á súa categoría actual.
A deportista lerezana, aínda cadete, finalizou a pasado fin de semana na sétima praza na modalidade de sabre do Campionato de España Júnior de Esgrima, celebrado na localidade madrileña de Torrejón de Ardoz.
Na competición, á que só acceden as 28 mellores do ranking nacional, Natalia avanzou ata os cuartos de final, despois de superar a fase inicial e vencer nos cruzamentos á madrileña Marta Álvarez por 15 tocados a 8.
Na penúltima rolda a pontevedresa perdeu ante Teresa Betegón, do Club de Esgrima de Madrid, por 15 a 10.
Relacionadas:
-
Os mellores tiradores galegos xúntanse en Pontevedra para participar no III torneo Masters de Esgrima
Por Alejandro Espiño |
-
A Escola Hungaresa suma 12 medallas no Campionato Galego Infantil e Júnior de Esgrima
Por Redacción |
-
A pontevedresa Natalia Fernández, entre as 32 mellores sabristas de Europa
Por Redacción |
-
Natalia Fernández, única representante española no Europeo Cadete e Júnior de esgrima
Por Redacción |