Natalia Fernández, única representante española no Europeo Cadete e Júnior de esgrima
Por Redacción
A tiradora da Escola Hungaresa de Pontevedra Natalia Fernández competirá este próximo domingo, día 23 de febreiro, no Campionato de Europa Cadete e Júnior de Esgrima, que se celebra en Xerusalén.
A deportista lerezana será a única representante española na categoría de sabre feminino, despois de obter a súa clasificación tras colocarse entre as catro primeiras sablistas do raking nacional en idade cadete.
En Israel estará acompañada do seu adestrador, Adrián Cubela, que lle prestará apoio nunha cita na que se enfrontará á mellores sabristas europeas.
Segundo recoñece a Escola Hungaresa, "a participación de Natalia Fernández no Campionato de Europa supón un gran paso adiante nas aspiracións deportivas da entidade, así como na esgrima local".