Támara Echegoyen busca en Palma situarse en "el top de la clase" 49er Fx
Por Redacción
Palma de Mallorca converterase as próximas semanas no epicentro mundial da vela, e alí estará Támara Echegoyen xunto á súa compañeira Berta Betanzos en busca de continuar coa súa progresión.
A campioa olímpica afrontará un dobre compromiso, primeiro coa Arenal Training Camps Trophy e despois coa segunda proba da Copa do Mundo, o Trofeo Princesa Sofía.
Será unha boa oportunidade de valorar a adaptación do dúo á súa nova embarcación despois do intenso adestramento dos últimos meses.
Echegoyen e Betanzos, que levan xa varias semanas preparándose en Palma, afrontan esta primeiro compromiso como "una regata perfecta", ao ofrecer "la posibilidad de navegar con casi todos los equipos internacionales que participarán a continuación en el Princesa Sofía, al mismo tiempo que podremos probar el material que nos gustaría utilizar en la prueba de la World Cup".
Támara cre que o obxectivo debe ser "luchar contra las mejores del mundo en nuestra modalidad" para lograr situarse á fin "en el top de la clase".
A Arenal Training Camps Trophy se disputa dende este venres 14 e ata o domingo 16 de marzo na Baía de Palma de Mallorca.
Relacionadas:
-
Támara Echegoyen e Berta Betanzos: Estamos tatuadas de golpes por todo el cuerpo
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen, duodécima no Arenal Training Camps Trophy, coa vista posta no Trofeo Princesa Sofía
Por Redacción |
-
Boas sensacións de Támara Echegoyen en Miami: undécima na primeira proba da Copa do Mundo
Por Alejandro Espiño |
-
Décimo cuarto posto para Támara Echegoyen e Berta Betanzos no Campionato Norteamericano
Por Redacción |