O Arosa asegura a terceira praza e o factor campo para o play-off (1-1)
Por Redacción
O Arosa despediu a liga regular este domingo diante dun Viveiro salvado e sen nada en xogo, pero que lle puxo as cousas complicadas.
O cadro de Luisito, coa baixa de Cotilla por sanción, tiña en xogo a terceira praza da clasificación coa que así asegurarse xogar o partido da eliminatoria do play-off ante a UD Ourense na Lomba e só perdendo e cos ourensáns gañando produciríase o 'sorpasso' na táboa.
Con todo, o Arosa empatou a un en Viveiro e a UDO a ceros co Alondras, polo que a fase de ascenso xogarase primeiro no Couto e despois en Vilagarcía. En caso de empate unha vez finalizada a prórroga non se lanzarán penaltis e avanzará o equipo mellor clasificado en liga, é dicir, os de Luisito.
En canto ao encontro desta tarde, o conxunto arlequinado tivo que remar ao contraxeito e remontar un gol de Sergio Cora que chegou a balón parado aos 14 minutos de xogo.
O Arousa foi capaz de repoñerse aínda que con complicacións e na segunda metade logrou o gol do empate por medio dun Borja Míguez que recupera sensacións para a fase de ascenso.
Consulta a acta nesta ligazón
Relacionadas:
-
O Arosa despídese da fase de ascenso tras caer na Lomba contra a UD Ourense
Por Redacción |
-
O Arosa aférrase ao balón parado para empatar ante a UD Ourense (2-2)
Por Redacción |
-
Triunfo ante o Arteixo do Arosa, que defenderá a terceira praza na última xornada (2-1)
Por Redacción |
-
O Arosa asegura o play-off co seu triunfo nas Somozas (0-1)
Por Redacción |
-
O Arosa perdoa e cede un empate no último minuto contra o Alondras
Por Redacción |