A caldense Lucía Rivas, convocada para xogar o Campionato de Europa Sub-17
Por Diego Espiño
Lucía Rivas xogará coa Selección Española Sub-17 o Campionato de Europa da categoría.
A xoven futbolista caldense gozará desta forma do seu primeiro gran torneo internacional, tras estrearse o pasado ano nas categorías inferiores do equipo nacional aínda en idade Sub-16.
Rivas é unha das 20 xogadoras convocadas polo seleccionador Kenio Gonzalo para o Europeo que terá lugar do 3 ao 18 de maio en Suecia.
Ademais neste evento estará en xogo a clasificación para o Mundial Sub-17 que se celebrará na República Dominicana, ao que accederán os tres mellores equipos continentais.
Lucía Rivas, xogadora do Rc Deportivo, estará acompañada por outra futbolista galega como Lúa Arufe (Victoria FC).
Ambas as dúas están chamadas a concentrarse o próximo luns 29 de abril, estando previsto que a expedición española poña rumbo a Suecia o día 3 de maio.