Arranca en Pontevedra o Campionato de España Absoluto de Karate e Para-Karate
Por Redacción & Mónica Patxot
Pontevedra xa está preparada para vivir unha fin de semana do máis intensa coa celebración do Campionato de España Absoluto de Karate e Para-Karate, que arrancou este venres 5 de abril ás 15:00 horas coa disputa da Kata individual, a Kata por equipos e o Para-Karate.
A competición continúa o sábado desde as 8:30 horas co Kumite individual e a homenaxe que ten preparada a Federación Española ao equipo nacional feminino recentemente proclamado campión do mundo, así como aos campións de para-karate. Será ás 18:30 horas.
O broche de ouro ao Campionato poñerao o domingo o Kumite por equipos, que da mesma forma que o día anterior, arrincará ás 8:30 horas.
Neste evento participan preto de medio milleiro de deportistas procedentes de todos os recunchos da xeografía española, buscando obter o billete para o Campionato de Europa que se disputará en Croacia dentro de dous meses.
Trátase sen dúbida dun dos eventos de maior nivel disputados en Pontevedra ata a data.
Relacionadas:
-
O Campionato de España Absoluto de Karate aterra en Pontevedra: "O nivel vai ser impresionante"
Por Diego Espiño |
-
A canteira do Gimsport lócese no Campionato Galego
Por Redacción |
-
E tras o tríatlon... Un 2024 tamén con grandes eventos internacionais de loita e ciclocrós
Por Diego Espiño |
-
O Campionato de España Absoluto de Karate de 2024, en Pontevedra
Por Diego Espiño |