Con Samu Mayo "ao 100%" para visitar o Rayo Cantabria
Por Diego Espiño
Víctor Vázquez 'Churre', sancionado por acumulación de amoestacións, será a única ausencia no plantel do Pontevedra Club de Fútbol para a súa visita este domingo 17 de marzo (16.00 horas) ao feudo do Rayo Cantabria, filial do Real Racing que marcha na quinta posición da táboa.
Así o asegurou este venres o adestrador granate, Yago Iglesias, despexando as dúbidas existentes polo estado físico de Samu Mayo, que caeu da convocatoria a pasada xornada contra o Avilés. "Samu xa adestrou esta semana en plenas condicións, está ao 100%", afirmou o técnico.
Polo demais Yago pide ao seu equipo afrontar o encontro coa cabeza fría e confiando nas súas posibilidades, xa que "fóra da casa non vas gañar un partido no minuto 10, 15 ou 50, e este é un equipo que rascar puntos na súa casa é complexo".
O Rayo Cantabria de feito xa deixou a cero (0-0) o Pontevedra na primeira volta do campionato, demostrando que é "un equipo que se fai moi forte defensivamente e que ten xogadores de moito nivel que están en dinámica do primeiro equipo", analiza o preparador.
Yago afirmou ademais que "sorprendentemente nas últimas semanas está a perder e recibindo goles pero é un equipo que defende ben como demostrou na primeira volta en Pasarón", polo que "a verdade é que nos esperamos un partido moi complexo".
O técnico granate avisa por último da dificultade que entraña a estas alturas o calendario, e máis cunha liga tan apertada como a actual Segunda RFEF, que fai que "dos oito partidos que quedan ata final de tempada vaiamos enfrontarnos a uns cuantos equipos que se están xogando moitas cousas".
Relacionadas:
-
Empate con sabor a derrota do Pontevedra ante o Rayo Cantabria (2-2)
Por Almu Dapena |
-
Nace unha asociación cultural e deportiva de ex xogadores granates
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Pontevedra, a por un dos ascensos máis caros desde que existe a Segunda RFEF
Por Diego Espiño |
-
Mario Gómez: "Creo que Ourense e Zamora van deixar poucos puntos"
Por Diego Espiño |
-
Cadeado á portería do Pontevedra seis xornadas despois
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias, sobre o triunfo ante o Avilés: "Doulle moito mérito ao meu equipo"
Por Redacción |
-
Golpe encima da mesa do Pontevedra contra o Avilés e recuperación do liderado (2-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |