O Arxil faise co derbi ante o Maristas (63-69)
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil segue sumando triunfos e este último nunha pista en grao sumo complicada, a do Maristas da Coruña.
As de Mayte Méndez, conscientes da esixencia da cita, tiveron que sufrir para tombar ao seu rival realizando un gran último cuarto que foi clave na vitoria.
E é que tras un primeiro cuarto no que reinou a igualdade (14-13), o equipo pontevedrés púxose o mono de traballo, acelerou o ritmo e remontou grazas á efectividade ofensiva de Forster e Trajchevska (26-31).
Tras o descanso, o Arxil logrou ampliar a súa vantaxe en ata oito puntos, pero un triplo de Filgueira e un tiro de dous de Pérez serviu ao Maristas para reducir distancias en tan só tres puntos. Nerea Liste aumentou a diferenza, pero dous triplos seguidos, o primeiro de Arfinengo e o segundo de Basáez, permitiron ás da Coruña voltear o resultado a falta do último cuarto por disputarse (47-45).
O equipo de Mayte Méndez, consciente do que supoñería unha nova vitoria, soubo xogar ben as súas cartas nos últimos instantes. De feito, cando apenas quedaba minuto e medio por disputarse o marcador mostraba un 61-60 a favor do Maristas, pero o Arxil apontoou o seu defensa e entre Forster, Lago, Liste e Ribeiro encargáronse de sentenciar (63-69).
Consulta a acta nesta ligazón
Relacionadas:
-
Fin á xeira positiva do Arxil, sorprendido no CGTD polo Mataró (68-69)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
O Arxil supera o Tenerife e suma a súa quinta vitoria consecutiva (69-51)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Arxil gaña en Avilés e saca billete para o play-off (44-53)
Por Redacción |
-
O Arxil aférrase á vitoria ante o Magectias (63-59)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Sufrida vitoria do Arxil ante o Geieg (64-57)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Nerea Liste e os seus números de 'MVP' ata nos días complicados
Por Redacción |
-
Dura derrota do Arxil na casa dun Ponce Valladolid en postos críticos (74-65)
Por Redacción |
-
Dominio do Arxil e vitoria ante o Barna (78-45)
Por Redacción |
-
O Arxil conquista a cancha do líder Segle XXI (61-70)
Por Redacción |