Os Xogos Olímpicos escapan para Melania Rodríguez
Por Diego Espiño
O soño de estar nos próximo Xogos Olímpicos escápaselle das mans a Melania Rodríguez tras a súa participación a fin de semana na Copa do Mundo de Bakú, penúltima competición clasificatoria.
A deportista do Club Ximnasia Pontevedra, que quedou no pasado Mundial a menos de tres décimas do billete a París (conseguiuno de entrar na final do campionato), necesitaba un bo resultado nas dúas Copas do Mundo clasificatorias de principios de ano para seguir soñando, pero as cousas non saíron como esperaba.
Tras pasar sen problemas a primeira rolda clasificatoria en Bakú, Melania asinou un posto 20 na semifinal cunha puntuación de 51.100, un resultado insuficiente que se une ademais ao mellor rexistro dunha das súas compañeiras na Selección Española, Noemí Romero (54.190 puntos) que foi 13ª.
Finaliza la Copa del Mundo de Baku para el #TeamESP de #TRA
— RFEGimnasia (@RFEGimnasia) February 24, 2024
Semifinales
Noemí Romero (13ª) 54.190
Melania Rodríguez (20ª) 51.100
Jorge Martín (19º) 23.950
Próxima parada WC Cottbus
¡Seguimos! pic.twitter.com/3TikauxtjE
Romero atópase mellor clasificada actualmente no ranking, polo que se postula como máxima esperanza nacional para lograr un billete aos Xogos na modalidade de ximnasia trampolín.
A próxima parada na Copa do Mundo de Ximnasia Trampolín será xa no mes de mrzo na localidade alemá de Cottbus.
Relacionadas:
-
Melania Rodríguez proclámase campioa de Europa de dobre mini-tramp
Por Almu Dapena |
-
Melania Rodríguez apunta alto no Campionato de Europa de Guimaraes
Por Diego Espiño |
-
Bakú marca o camiño cara a París de Melania Rodríguez
Por Diego Espiño |
-
Melania Rodríguez, concentración en Portugal antes de lanzarse a pola súa última baza olímpica
Por Diego Espiño |
-
Apoio municipal a Melania Rodríguez antes das citas clave para estar en París 2024
Por Diego Espiño |
-
Melania Rodríguez, campioa do mundo de dobre mini-tramp
Por Redacción |