O Club Ciclista Armenteira e Punto redobra a súa aposta
Por Redacción
A escola deportiva do Club Ciclista Armenteira e Punto consolídase en Meis co inicio da nova tempada.
A entidade deportiva celebrou o pasado 17 de febreiro unha xornada de confraternización na que aproveitou para presentar aos seus equipos e as últimas novidades.
Entre elas, ademais do equipamento, destaca o recentemente estreado circuíto permanente de BTT situado xunto ao campo de fútbol do Leixo, onde os deportistas poderán adestrar e tamén competir nas probas organizadas polo club.
Neste sentido este ano 2024 estrearanse no calendario da Federación Galega de Ciclismo coa I Mini BTT Armenteira e Punto, prevista para o día 13 de xullo.
Pasos adiante todos eles dunha entidade nova de idade pero con moitas ganas de consolidar o ciclismo como unha opción deportiva atractiva para os nenos e nenas do municipio e da comarca.