O Froiz presenta un equipo novo e renovado con grandes aspiracións
Por Almu Dapena & Mónica Patxot
Comeza unha nova tempada ilusionante para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz, que presentou nas escaleiras de Deputación de Pontevedra aos corredores que vestirán a camisola do equipo alimenticio nun curso no que cumpre 36 anos de historia e no que aspirará á Copa de España, ao Campionato de España, a Volta a Galicia, Bidasoa e Futuro.
Terio Carrera foi o encargado de conducir o acto no que estiveron o presidente provincial, Luis López; o vicepresidente Rafa Domínguez; o secretario xeral para o Deporte, Jose Ramón Lete Lasa; e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; o máximo representante do Froiz, José María Froiz, así como os integrantes das distintas categorías do equipo ciclista encabezados polo director deportivo, Evaristo Portela.
Desta forma, repetirán un ano máis no Súper Froiz o chileno José Autrán (elite); os galegos Raúl Casalderrey (sub-23), Rubén Fandiño (sub-23), Ángel Maneiro (elite) e Miguel Rodríguez (sub-23); os madrileños Jorge García (sub-23) e Álvaro Navas (sub-23); o cántabro Gonzalo Inguanzo (elite) e o abulense Fernando Santos (elite).
Pola súa banda, a lista de recentemente chegados está formada polo pontevedrés Anxo Carril (Coruxo, sub-23); os madrileños Adrián Garbajosa (MMR Xuvenil, sub-23) e Carlos Pérez (Gsport + Watts Xuvenil, sub-23), o valenciano Pablo García (High Level, sub-23), o navarro Jon Gil (Gomur, elite), os cántabros Jesús Ortiz (Bathco Xuvenil, sub-23) e Martín Rodríguez (MMR Xuvenil, sub-23); os portugueses Lúcas Lopes (Electro Hiper Europa Continental, sub-23) e Manuel Marques (ABTF Betão Xuvenil, sub-23), e o colombiano Juan Pablo Ortega (Vigo-Rías Baixas, sub-23).
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz contará ademais con Evaristo Portela como manager xeral; os directores Manuel Rodríguez Gil e José Ángel Vidal; os mecánicos Gonzalo Aguiar, Eladio Rodríguez e José Luis Barros; o masaxista Xosé Rodas e a nutricionista Ana Portela.
No caso do equipo de ciclocrós estarán Aroa Otero, Chus Barros, Gonzalo Inguanzo, Miguel Rodríguez e Miguel Calderón.
No caso de Lete Lasa, salientou a evolución do equipo dende a súa fundación en 1987 e puxo ao Froiz como un exemplo de "resiliencia, superación, esforzo e traballo". Tamén lembrou o récord do equipo sendo campión da clasificación elite sub23, dos cales sete foron de maneira consecutiva (2008 - 2014).
Así mesmo, o secretario xeral destacou o incremento das licenzas deportivas de ciclismo que hoxe xa suman preto de 8.500 en Galicia, sumando tamén as de cicloturismo.
Culpa diso a ten poder contar cun dos mellores equipos profesionais feminino, como o Team Farto BTC, o que posibilita que as licenzas femininas tamén medren e, como indica o Barómetro da Bicicleta, que hoxe máis da metade das mulleres usen a bicicleta en España.
Relacionadas:
-
Accidentada carreira da Copa de España para o Froiz en Xaén
Por Redacción |
-
O Froiz, preto de dar a badalada na Copa de España en Valladolid
Por Redacción |
-
Iria Méndez álzase co Gran Premio Cidade de Pontevedra
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Satisfacción no Froiz co traballo do equipo na Volta a Estremadura
Por Redacción |
-
O Froiz empeza a asomar a cabeza na Copa de España
Por Redacción |
-
Máis de 150 deportistas participarán na primeira Copa Deputación Tatami Sports
Por Redacción |
-
Un Gran Camiño pasado por auga que deixou imaxes espectaculares na Boa Vila
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Bandeira de saída para a tempada 36 do Froiz no pelotón nacional
Por Redacción |
-
Lorena Patiño amarra o título da Copa de España de Ciclocrós e Irene Trabazo pérdeo na última carreira
Por Redacción |
-
Terceira seguida de Gonzalo Inguanzo na Copa de España de Ciclocrós e defensa do liderado de Irene Trabazo
Por Redacción |
-
Talento novo para a reconstrución do Supermercados Froiz
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz de Ciclocrós, a por unha tempada "con moitas posibilidades" de éxito
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |