Charly López: "Son dous partidos clave, se gañamos os dous pegariamos un bo salto"
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol afronta unha fase importante da tempada, e sábeo tamén o vestiario granate.
Así o recoñeceu este xoves Charly López na sala de prensa do Estadio Municipal de Pasarón, tras o adestramento do primeiro plantel pensando xa no primeiro dos duelos consecutivos en casa, fronte ao Coruxo (domingo 18, 17.00 horas).
"Estes son dúas partidos clave, se gañamos os dous pegariamos un bo salto", asegura o atacante, autor do gol do triunfo en Guijuelo no "para min o campo máis difícil de toda a liga".
Charly mostrouse satisfeito por poder ter aproveitado a ocasión de xogar desde o inicio a pasada xornada, ante a baixa do pichichi Rufo, porque "é o que queremos todos, os que xogamos menos aproveitar os miutos cando temos oportunidade".
O dianteiro granate en todo caso mira cara ao que vén "porque xogamos dous seguidos na casa" e porque "vendo outros enfrontamentos que hai e porque xa estamos en febreiro, cada partido agora é importante. Hai que tentar fallar o menos posible", sinalou.
En relación ao Coruxo avanzou que será un rival que "non nolo vai a poñer fácil. Teñen varios rexistros. Son un gran equipo", aínda que en confía en poder sacar o partido adiante.
Relacionadas:
-
O Pontevedra tira de efectividade para remontar ante o Coruxo e seguir líder (3-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Especial homenaxe a Pablo Vázquez, último 'One Club Man' do Pontevedra CF
Por Redacción |
-
Yago Iglesias, sobre o partido ante o Coruxo: "Queremos que se vexa a mellor versión do Pontevedra"
Por Almu Dapena |
-
Rufo recibe a alta médica "tras o resultado satisfactorio de todas as probas realizadas"
Por Diego Espiño |
-
Dúas xornadas clave para o Pontevedra, e as dúas en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias, sobre o triunfo en Guijuelo: "É a imaxe perfecta do que son os cambios e do nivel do plantel"
Por Almu Dapena |
-
Toño Calvo e Charly danlle os tres puntos ao Pontevedra en Guijuelo (1-2)
Por Almu Dapena |