Satisfacción no Arxil tras rematar a primeira volta en postos de play-off de ascenso
Por Redacción
O Arxil móstrase moi satisfeito polos resultados logrados na primeira volta de competición na Liga Feminina 2. Pechan esta etapa na terceira posición, o que lles abriría as portas para xogar o ansiado playoff de ascenso á máxima categoría.
As de Mayte Méndez obtiveron un balance de nove vitorias e catro derrotas. Só lles superou o líder, un Segle XXI invicto con trece triunfos, e polo Miralvalle estremeño, que acumula once vitorias e dúas derrotas.
Pero as pontevedresas non poden baixar a garda porque comparten esa terceira praza con León e Maristas, que obtiveron tamén nove vitorias, e por detrás, con outro triunfos cada un, están o Geieg e o Cortegada.
"Hai que ser conscientes que nos imos a xogar seis equipos os catro postos de playoff", asegura o director deportivo do club, Lino Vázquez, que lembra que o Segle XXI non pode ascender por ser un filial dun equipo da liga Feminina.
Por iso é polo que Vázquez firme "unha segunda volta igual que a primeira", pero para iso entende que o equipo debe dar un "paso adiante" e non caer nos erros do último partido en León, onde desperdiciaron unha renda de oito puntos.
O responsable deportivo do Arxil asegura que "debemos aprender a saber xestionar estes momentos e non volvernos tolos".
A pesar de todo, no club afirman estar "moi contentos" co equipo e coa "boa sintonía" que hai entre as xogadoras, polo que afrontarán con ganas a que confían en que sexa unha segunda volta "moi ilusionante" que as volva a colocar na fase final da competición.
Relacionadas:
-
Dominio do Arxil e vitoria ante o Barna (78-45)
Por Redacción |
-
O Arxil conquista a cancha do líder Segle XXI (61-70)
Por Redacción |
-
O Arxil leva o derbi ante o Cortegada (52-48)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Nerea Liste, un amargo MVP para o Arxil no seu partido máis complicado
Por Redacción |
-
Un mal segundo cuarto impide o Arxil asaltar o segundo posto (73-47)
Por Redacción |
-
Ganas de desquite no Arxil no seu enfrontamento deste sábado co Miralvalle
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Tropezo do Arxil en León (86-79)
Por Redacción |
-
Solvente triunfo do Arxil ante o Tenerife (79-46)
Por Redacción |
-
O XVII Cidade de Pontevedra de baloncesto queda na casa
Por Redacción |