Panxoliñas e espírito de Nadal nas redes sociais dos clubs deportivos
Por Almu Dapena
Nun xesto festivo e cheo de creatividade, os clubs da comarca aproveitaron as redes sociais para transmitir unha mensaxe alegría e bos desexos para o Nadal.
Desde imaxes recompilatorias dos mellores momentos do ano, ata vídeos de xogadores e adestradores compartindo os seus mellores desexos, as mensaxes transmiten a súa paixón polo deporte e a importancia de compartir os momentos especiais, sobre todo nestas datas.
Os clubs que máis activos mostráronse foron o Pontevedra Club de Fútbol e o Poio Pescamar, que quixeron desexar un Bo Nadal cuns orixinais vídeos.
O conxunto granate apostou por incluír ao plantel do primeiro equipo e ao corpo técnico, que felicitaron as festas e agradeceron o apoio dos afeccionados durante toda a tempada.
A celebración deu un xiro cando xogadores e técnicos puxéronse a cantar panxoliñas... E a tocar o bombo!
O primeiro equipo do Pontevedra CF desexa que teñades un bo Nadal e… moita diversión, tempo de panxoliñas e de disfrutar en familia #UPQSC pic.twitter.com/TxUMc5PcsO
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) December 24, 2023
No caso do club conserveiro, deron un toque especial ao seu vídeo recoñecendo a importancia dos seus patrocinadores, parte fundamental na súa traxectoria durante a tempada.
Neste sentido, no clip destaca a presenza de traballadores e traballadores das empresas, converténdose así en parte da celebración do Nadal xunto ás xogadoras do primeiro equipo.
O Poio Pescamar FS deséxavos BO NADAL a todos#PoioPescamar #BoNadal #FelizNavidad pic.twitter.com/z2iwamUhae
— Poio Pescamar FS (@PoioPescamarfs) December 23, 2023
Relacionadas:
-
Vacacións de Nadal como punto de inflexión para cambiar o rumbo en liga
Por Redacción |
-
Se compraches a lotería do Pontevedra CF tes premio
Por Redacción |
-
Tratamento de urxencia para mellorar o estado do céspede de Pasarón durante o Nadal
Por Diego Espiño |
-
Un plantel granate con sete piares asegurados ata 2025
Por Diego Espiño |